Moción presentada por José Palacín para o estudo e conservación dos restos atopados na Rúa Pracer
MOCIÓN PRESENTADA PARA O ESTUDO E CONSERVACIÓN DOS RESTOS ARQUEOLÓXICOS ATOPADOS NA RÚA PRACER DO CASCO HISTÓRICO DE TUI. Eu, D. José Manuel Palacín y Rguez como voceiro non adscrito, e ao amparo do Artigo 97.2 de Real Decreto 2568/1986 de 28 de Novembro de 1986 da ROFRXEL presento a seguinte Moción de Urxencia a esta Sesión Plenaria a celebrar o día 26 de marzo de 2026. Expoñendo que: Conservar os restos arqueolóxicos de calquera periodo, non so ten unha finalidade para realizar un estudo de interese histórico, que tamén, senón que un achadego axuda a entender a nosa identidade antopolóxica, científica, urbanística, económica, cultural, social e artística. Grecia e Roma son os piares fundamentais da Idade Antiga en Occidente, e Roma concretamente, a columna vertebral da cultura europea, española e galega, comezando polas línguas romances. A civilización romana na Galaecia extendeuse dende que Décimo Xunio Bruto cruzou o río Limia no 137 A.C ata a fundación do R...