Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

O estudo da historia baséase nos textos escritos e nos achados materiais. A veces, cando queremos analizar un espazo, por exemplo unha cidade, durante un período concreto, atopamos unha descompensación entre o escrito e o arqueolóxico. Este é caso de Tui no seu tempo romano, onde si ben existen moitas alusións reflectidas en textos, logo paradoxicamente, os vestixios materiais resultan moito máis parcos, sobre todo tendo en conta a importancia deste enclave durante a Idade Antiga. 

Tui está moi ben cuberta nas Idades Media e Moderna, incluso ca particularidade de posuír unha gran catedral e un rico legado xudeu, pero a etapa romana era unha materia tan pendente como esencial.   

Esta era unha realidade ata que comezaron unhas obras de adecuación do firme na Rúa do Pracer, no corazón do Casco Histórico.    

As catas realizadas baixo a dirección do arqueólogo D. Juan José Perles abriron un túnel ao pasado, ao máis recóndito da nosa esencia, ao atoparse uns restos de paramentos de notable potencia que aínda están baixo a especulación sobre a súa funcionalidade, pero que non deixan dúbida sobre o feito de que se trata de arquitectura romana, datada entre os séculos II e IV D.C. 

Queda claro que estamos ante un fito histórico, sen embargo, pouca publicidade ten recibido, polo menos baixo a miña apreciación. 

Agora creo que chega o momento da grandeza e da responsabilidade dos poderes públicos. Primeiro, dende logo non se me pasa pola mente que isto non quede para a posteridade, a vista dos tudenses, para o seu desfrute e como testemuña do noso pasado, pero tamén como fonte de estudo e por suposto como atractivo turístico. Incluso se o Goberno Local fora ambicioso debería artellar recursos xurídicos, técnicos e materiais para a ampliación da escavación. ¡E así trasladeillo ao Sr. Alcalde D. Enrique Cabaleiro! A que invitei a modificalo proxecto preexistente para a musealización do atopado e que se ordene seguir investigando a contorna.

Expreseille claramente que non se pasa a historia por traer catro árbores exóticas senón por conservar o noso legado.   

Estamos nun momento de negociación de orzamentos, estou moi disposto a darlle visto bo a este exercicio presupuestario, e o primeiro que pedín é que se atendan estes restos arqueolóxicos como merecen, facer o contrario sería unha "animalada". Nese sentido, evidentemente, toda a miña colaboración cos gobernantes que priman o patrimonio e agardo poder participar neste éxito e que a miña estancia na Corporación contemple a implantación dunha musealización urbana destes vestixios da gloriosa Tui romana.    

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Considero un erro os ultimatums en política

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.