Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

 


Ante todo, quero manifestar a miña tristura polo feito de que unha parte importante da fisionomía e simboloxía da Praza da Inmaculada fora extinguida.  A parte do debate que se poida chegar a fraguar pola decisión de talar os tileiros, este é un feito indiscutible, as árbores centenarias dese espazo xa non se atopan no seu lugar, e na actualidade a praza converteuse un erial baleiro, case insultantemente pedregoso, aínda que esteamos na cidade da pedra, tan próximos á colina de Pedra. 

O segundo, quero aclarar o que eu coñecía desta actuación. Sabía que se realizaría unha intervención drástica nun dos tileiros, o que no informe denomínase Tp 4, debido a que afectaba gravemente á estrutura base dun dos quioscos. Vou a ser sincero. A Sra. Concelleira de Patrimonio, a Sra, Ana Núñez, pediume o meu parecer ao respecto desta cuestión, e eu, (asesorado), contesteille que si non existía posibilidade de movela árbore a través dun transplante, o mellor era radicala. ¡Así de claro!, porque os quioscos son bens de interese patrimonial e un deles mirábase ameazado polas raíces do tileiro Tp4. Tamén, pola distancia entre o outro bloque (tileiro - quiosco) deducín que está mesma casuística podería estar dándose no Tp1, pero no tiven información ao respecto disto.

Este venres, 28 de febreiro, quedei co Sr. Alcalde de Tui para falar dos orzamentos 2026. Por un problema persoal non puiden asistir. ¡E menos mal!, porque si vou cara ao Concello e atópome co panorama da tala quedaría tan impactado que veríame obrigado a poñerme diante das serras en plan Barco de Chanquete. Con isto o que quero dicir é que non tiña nin idea do que se ía a perpetrar. 

¡E isto resulta inadmisible! Hoxe, moi dilixente e amablemente, a Sra. Concelleira de Patrimonio facilitoume os informes que "supostamente" certifican a necesidade de talar as árbores. Pero isto non era hoxe, o Goberno debería haber comunicado á oposición, e incluso a cidadanía, esta decisión antes de executala. ¡Non o fixo!, unha falta de consideración cá Corporación e falla de delicadeza cos cidadáns nun asunto especialmente sensible. En consecuencia, este Goberno do PSOE, unha vez máis actúa unilateralmente, con mañas escasamente democráticas e con ausencia total de transparencia. 

Respecto das árbores, o informe parece claro, di que non son viables en xeral, o Tp1 e Tp4 pola problemática de colisión cos quioscos e os outros dous por apodrecemento e diversas pragas de fungos. Pero o informe tamén e moi esclarecedor respecto aos motivos da escasa saúde das árbores. Si ben as podas en ocasións non foron acertadas, as agresións das obras recentes na Praza da Inmaculada foron determinantes para causarlles un dano brutal. Ou sexa, os tileiros foron enfermados no proceso de remodelación do seu entorno. Cen anos de historia duns elementos naturais fulminada en poucas semanas. ¡Creo que isto merece unha investigación! ¡O Goberno debe dar conta disto, incluso nun Pleno! 

Por último, ao marxe das contradicións entre o proxecto de remodelación de Augusto González Besada, Praza Inmaculada, Corredoira, co que supón a situación de desmantelamento dos tileiros e outras cuentións tanxenciais, quero centrarme na substitución das árbores taladas. 

O informe da empresa privada, aparentemente moi profesional, ofrece un listado de 14 árbores recomendadas para ese entorno, entre elas carballos, oliveiras, olmos, etc... pero mediante un comunicado do propio Concello de Tui exprésase que a especie elixida é o "Arce Xaponés", que debo dicir, "non está na listaxe de recomendacións”, polo menos nesta, non sei si haberá mais informes e si esta especie pode ter sido recomendada por algún outro experto, así que ¡móvome na prudencia! 

Sen embargo, o que chama a atención desta especie é que curiosamente ten como protagonista a cor vermella. Si, debido á acumulación de antocianinas, que enmascaran a clorofila verde, esta árbore ten as follas vermellas. Si, vermello como os bancos dos parques, como as liñas de moitos campos de xogo que se cambiaron nestes anos, como as luces que iluminan o Concello, como a cor do logo do Partido Socialista Obrero Español.    

Sendo isto así, estaríamos ante un grave exercicio de adecuar un espazo público a unha mensaxe subliminal interesada. A cidade é vermella, é da cor do noso partido e polo tanto a cidade é nosa. 

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Considero un erro os ultimatums en política