¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?

Neste escrito pretendo transcribir dunha maneira mais ou menos fiel a miña intervención na Sesión Plenaria do 26 de marzo, na cal debatíase a aprobación inicial dos orzamentos de este ano presentados polo Goberno do Partido Socialista. 

A miña decisión, e o entendo perfectamente, pode non ser compartida por moitas persoas, inclusive, pode ser, por algún votante da desaparecida Converxencia 21, pero podo asegurar que a miña decisión non se baseou nunha venalidade, senón que está solidamente artellada. Sempre fun un individuo que buscou o diálogo como leal suarista; tendo o diálogo un cometido, construír. 

Por outra banda, neste momento do mandato, tendo en conta que estou nunha posición de privilexio aritmético debido a postura abstencionista (en xeral) do BNG (e non é unha crítica nin un reproche a este partido), e que non me vou a presentar por ningunha formación en 2027, dado que C21 foi extinguido, procuro negociar co Sr. Cabaleiro, que amosou nesta ocasión un bo talante, co obxecto de introducir cuestións de urxencia ou troncais do programa electoral de C21 na axenda de execución no que queda de mandato. 

A continuación transcribo a miña intervención.          

INTERVENCIÓN NO PLENO DO 26 DE MARZO DE 2026 

Parto da base de que analizamos e votamos un presuposto elaborado polo Partido Socialista, con unha ideoloxía tan diferente a miña ou a do partido que representei, Converxencia 21, que cústame moito aceptar algúns axiomas troncais como que á elevación do montante no capítulo de ingresos baséase nunha política impositiva que eu considero contraproducente, innecesaria e inxusta, porque unha política fiscal opresiva descuartiza a liberdade económica das persoas e polo tanto calquera tipo de liberdade. Estes orzamentos son un exemplo desta praxe, vostedes Sres e Sras. do Goberno aplicararon una carga fiscal sen precedentes: O incremento do IBI case nun 20%, ao cal opúxenme de forma categórica, a reintrodución da Plusvalía que é un imposto que grava a transacción de vivenda, (un ataque a propiedade privada e ao patrimonio das persoas) ademais nun pais que ten un problema de vivenda e necesita de incentivar a transacción, nunca poñerlle trabas. Tamén elevaron as taxas do lixo, medida amparada nunha lei capciosa do Goberno Central por un lado, e da incapacidade de Sogama para saír da obsolescencia por outro, sen embargo non mellora o servizo de forma substancial e non se patrocina o reciclado, por iso eu opúxenme a esta medida tamén. Subiron tanto os impostos aos feriantes (atraccións, postos e barracas) que este ano non virán as festas. Os tres partidos socialistas da Corporación votaron a favor de un San Telmo sen cachibaches. Teñen o ICIO ao tipo máximo, por iso son incapaces de facer arrincar Tui porque non crean incentivo para a construción. Nesta década esta cidade non subiu o censo, os negocios cada vez están máis quebrados, pechan máis locais comerciais, construíse pouco e a sociedade atópase máis empobrecida.    

Polo tanto, como liberal considero que o equilibrio orzamentario e a atención de servizos pódense artellar sen machacar aos contribuíntes e empresas, convertendos en simple vacas para ordeñar, para muxir (como dicimos en galego).  O interesante é que isto conseguiuse baixo o mandato de Converxencia 21, e chámase xestión. Daquela co ridículo orzamento de 8.100.000 euros.        

No capítulo de gastos observo algúns epígrafes de malgasto. Vou a poñer un exemplo, as cámaras, que son o adianto sibilino, pero siniestro do control do ser humano e unha máquina de recadar impía e creo que unha medida ilegal, non agora, pero co tempo isto decaerá. De máis está dicir que o seu Goberno, Sr. Cabaleiro, foi o peor da historia en materia de ordenación urbana, tráfico e aparcamento.

Sen embargo, dende logo eu nunca fun un maniqueo. Calquera persoa mentalmente equilibrada, aparte da ideoloxía, (que ten un certo peso na súas decisións),  debe colocar as cuestións a analizar nunha balanza, incluso debe ser capaz de descontextualizar o que se vai a valorar, sen caer trampa holística, “non me gusta o Goberno non lle voto nada”.  Vou a céntrame en votar os orzamentos.

No outro lado da balanza temos o seguinte: 

a) Están presentados en tempo. Un pouco de retraso, pero creo que non é imputable a vostedes. Noutras ocasións traían os orzamentos en xuño e sempre llo recriminabamos dende a oposición e con razón, ¡iso creo!

b)  b) Están presentados en forma, parecen mellores tecnicamente que anteriores documentos, que simplemente eran exercicios contables sobre a unha realizade consumada. Outra cousa é que se podan cumprir determinadas prerrogativas como o Aforro Neto, porque nunca foron capaces de facelo, e máis, en exercicios vindeiros cando caia enriba o crédito das luminarias terán dificultades financeiras se non afinan. Tamén en positivo, non existe previsión de Débeda Viva e os recursos ordinarios liquidados durante o exercicio do 2025 foi superior a outros anos. ¡Ollo! aínda é alta a inexecución.  Por outra banda, este orzamento ten unha trampa, non se inclúe neste momento axuste polo concepto de acredores por operacións pendentes de aplicar ao orzamento, concretamente tratase dos gastos recollidos na conta 413. Pero a pesar destes defectos mencionados, o Orzamento 2026 cumpre ca Regra de Gasto e o Principio de Estabilidade, outra cuestión será como se aplique a execución deste orzamento. Dunha correcta validación desa execución advirte intervención, pero iso xa é unha responsabilidade exclusiva do equipo de Goberno. Eu aí xa non teño ningún deber nin competencia nin responsabilidade. E mais, respecto da planificación é unha tarefa intrínseca exclusivamente a Alcaldía. ¿É saben porque é mellor tecnicamente o orzamento? Porque existe un precontrol maior de asignación de recursos por medio das licitacións, e iso creo que mo deben un pouco a min e miña teimudez para que ordenen os  capítulos de gasto nese sentido. Os miro máis tranquilos respecto aos Informes de Intervención que en outras ocasións e iso é bo  en aras do aforro, da planificación e da transparencia.      

c)  c) As formas, o talante. Nada que ver co ano 2025 cando vostede, Sr. Cabaleiro, negouse a negociar e sacou os orzamentos por decreto con unha manobra legal, pero pouco nobre e leal. Este ano foi vostede o Alcalde que se lle presupón “A la noble y leal ciudad de Tuy. Por iso vou a darlles a noraboa. Comigo estiveron exquisitos, e eu síntome máis cómodo neste escenario que no conflito.

d) d) Déronme a oportunidade, non tanto de intervir no desenrolo dos documentos e polo tanto dos números, pero si de negociar cuestións que eu consideraba que había que introducir na axenda inmediata. En xeral foron xenerosos, atenderon as miñas propostas e quero deixalas aquí estampadas no Pleno para que queden como unha especie de documento notarial (entre vostede e eu non fan falla firmas nen documentos ampulosos, eu confío na súa palabra porque nunca me fallou). Vou a citar as miñas propostas: 1) Que ademais o condicionaba todo, e que vira reflectido na moción que presento esta noite e que ten que ver cos restos arqueolóxicos da Rúa Pracer, xa foi a radio e aclarou este asunto con unha declaración de intencións, 2) A exención das taxas do mercaderes ambulantes durante un trimestre debido a que estes profesionais non puideron montar nin un día neste inverno debido ao mal tempo, 3) Un apoio maior para ACITUI co obxecto de que podan artellar eventos promocionais do comercio, é o terceiro ano consecutivo que o solicito, e están a ser sempre receptivos pasando de 0 a 4.500 € (nestes tres últimos exercicios) e seguirei nesta liña ata o final da miña estancia política no 2027). 4) Finalización das cuestións pendentes como o Expediente do Patio do Colexio Nº 1 e a Licitación de Parques e Xardíns. 5) Reforma dos vestiarios do Campo do Guillarei. 5) Saneamento para os seguintes puntos de Ribadelouro  (Barrio da Magdalena, en torno o Campo de Fútbol e se pode ser neste ano, para La Fernal), 6) Asfaltados en determinadas vías en Ribadelouro e Baldráns.  7) Tamén veñen sendo moi receptivos a miñas suxerencias sobre o financiamento e a implementación do programa CES (colonias felinas) e á axuda a asociación co está levando a cabo en Tui a través dun convenio.

e)  e)  Pero é que ademais parece que están abandonando a malo costume de acudir con facturas a remanente líquido de tesourería, como si fora un orzamento paralelo, e este aprecia unha lixeira recuperación tras anos de tolemia. Parecían estar vostedes na Sodoma e Gomorra das facturas por remanente. Lembren que chegamos a afundirnos na reserva absoluta de fuel, en menos de tres millóns de euros dos doce que lle deixou o Sr. Padín. Tamén é certo que vamos para un ano electoral e medo me da.

f)   f) É un orzamento fortemente expansivo. Ademais de machacarnos a impostos (iso non me gusta), tamén tiveron un golpe de sorte ca participación dos Tributos do Estado, paradoxicamente pola espera deste mes. Neste orzamento, pasamos de pouco máis de 12 millóns a 13.691.522,62 €, pero non so iso, este orzamento permite que por primeira vez que o destinado a pago de persoal  baixe porcentualmente sobre o total, porque chegamos a estar rozando o 50% en 2024.

g)  g) Esta mellora das condicións permite un incremento do capítulo de investimentos por valor de 652.217,31. Sigue sendo un montante moi baixo, pero por primeira vez rómpese unha tendencia cara a extinción. Lembro "Capítulos de Investimentos" de menos de 90.200 euros. Falamos ademais neste aspecto que vamos a practicar a nosa solidariedade e responsabilidade ca Entidade Menor de Pazos de Reis, e polo tanto cos veciños de Pazos ca firma dun Convenio posterior a este punto, vaise crear un aula de estudo ao que se van a destinar 40.000 euros (boa aportación do BNG, e reconocerllo).  Sigue existindo unha partida para mantemento de Parques Infantís ca metodoloxía que iniciou Converxencia 21 no 2019. Pola contra atopo baixo o investimento en contedores, (45.000 €) sobre todo despois do lixazo. A miña próxima batalla en canto se coloquen os contedores marróns virán pola liña da bonificación pola reciclaxe. Outro matiz neste aspecto, agardo tamén que se habilite a limpeza de contedores verdes (que son os nosos) que xa resulta vergoñento e moi protestado pola cidadanía.  Por último, aténdese a dependencia que é o eixo fundamental da dignidade humana de un político no servizo público. O SAF rolda o millón de euros, algo impensable fai so 5 anos. Neste aspecto, Sr. Cabaleiro, o seu Goberno foi o mellor da historia de Tui.

En definitiva, hai cousas que vostedes (creo humildemente) fan moi mal, pero iso non me da dereito a censuralo todo e quedarme inmovil. Vou a sair da trincheira infinita. O dialogo sincero ten unha forza que supera trancheiras e muros. Non debe haber muros entre cidadáns libres e responsables, iso si llo poden trasladar ao Sr. Presidente do Goberno, Pdreo Sánchez. O meu voto sera favorable a aprobación dos orzamentos.       

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Considero un erro os ultimatums en política

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.