Moción presentada por José Palacín para o estudo e conservación dos restos atopados na Rúa Pracer
MOCIÓN PRESENTADA PARA O ESTUDO E CONSERVACIÓN DOS RESTOS ARQUEOLÓXICOS ATOPADOS NA RÚA PRACER DO CASCO HISTÓRICO DE TUI.
Eu, D. José Manuel Palacín y Rguez como voceiro non adscrito, e ao amparo do Artigo 97.2 de Real Decreto 2568/1986 de 28 de Novembro de 1986 da ROFRXEL presento a seguinte Moción de Urxencia a esta Sesión Plenaria a celebrar o día 26 de marzo de 2026.
Expoñendo que:
Conservar os restos arqueolóxicos de calquera periodo, non so ten unha finalidade para realizar un estudo de interese histórico, que tamén, senón que un achadego axuda a entender a nosa identidade antopolóxica, científica, urbanística, económica, cultural, social e artística.
Grecia e Roma son os piares fundamentais da Idade Antiga en Occidente, e Roma concretamente, a columna vertebral da cultura europea, española e galega, comezando polas línguas romances. A civilización romana na Galaecia extendeuse dende que Décimo Xunio Bruto cruzou o río Limia no 137 A.C ata a fundación do Reino Suevo como Foederati do Imperio baixo a éxida de Honorio no 409. Foron máis de cinco séculos.
Por todos é sabido que Tui foi un centro de relativa importancia estratéxica durante gran parte destes tempos, constituíndose como un enclave fundamental no percorrido da Via XIX Antonina que transcurría entre Bracara Augusta e Asturica Augusta.
Lamentablemente, ata agora, esa presenza romana estaba escasamente representada dende o punto de vista material. Por exemplo, sabemos que baixo a catedral alóxanse estruturas, atopouse un miliario na Rúa Bispo Castañón, no propio Arquivo Diocesano podemos contemplar un sarcófago, ou sabemos da existencia dunha necropolis en torno a San Bartolomé, pero no moito máis. De feito, a chamada Ponte Romana é medieval, si ben considérase que foi erixida sobre pilas anteriores.
No pasado perdéronse oportunidades de estudo e de conservación do patrimonio romano no subsolo tudense debido a excasa concienciación política e social respecto da preservación, e desagraciadamente, isto xa non ten remedio. Sen embargo, dende o mes de febreiro deste 2026, preséntasenos unha oportunidade de afianzar unha nova realidade referencial histórica da Tude romana cos achados da Rúa Pracer e que consisten de momento en cinco paramentos de bastante potencia, sendo un deles curvo e a presenza du pozo, así como de diverso material cerámico.
A historia de Tui pode redimensionarse de forma exponecial no que se refire a presencia romana, falamos de que estas estruturas edilicias condúcennos a un tempo de case dousmil anos atras. Exibimos con orgullo que a nosa catedral cumpre oitocentos anos dende a súa consagración, máis o conxunto da Rúa Pracer case duplica esa idade.
En principio, entendo que debemos documentar estes vestixios e traballar para proseguir os traballos arqueolóxicos no futuro máis próximo posible, porque a burocracia non pode asasinar á sensibilidade histórica. Faise imprescindible ampliar o perímetro de excavación.
Pero ademáis, entendo que esta Corporación, máis alo das consideracións técnicas que evidentemente valorarán os expertos, debe manter a súa disposición e realizar un chamamento a conservación e desfrute deste patrimonio material e construtivo excavado no subsolo tudense.
Exemplos de conservación de conxuntos arqueolóxicos romanos ao aire libre existen por miles, poñer exemplos resultaría absurdo posto ca lista nunca terminaría, e na actualidade non realizar un esforzo en prol da conservación e exhibición deste espazo sería un acto de falta de sensibilidade. O “botarlle formigón para que non se saiba que está iso ahí” é un pecado mortal, o “tapalo para que estea supostamente protexido” resulta un insulto a os nosos ancestros e as xeracións vindeiras, ademáis dunha oportunidade perdida para elevar o prestixio e o atractivo turístico da nosa cidade.
Polo tanto, por esta moción, próponse que esta Corporación amose a súa disposición a a poñer tódolos medios xurídicos, na medida das súas atribucións, humanos e fundamentalmente económicos, ou no seu defecto procuralos mediante subvencións, axudas e aportacións público / privadas co obxecto de ampliar, estudar promenorizadamente e, a ser posible, conservar para o desfrute dos tudenses e da humanidade estes vestixios do pasado.
JOSÉ MANUEL PALACÍN RGUEZ
CONCELLEIRO NON ADSCRITO DA CORPORACIÓN DE TUI.
