Referente as declaracións da Sra Concelleira de Cultura sobre as Festas de San Telmo e Festas de Verán

Dende Converxencia 21 queremos aclarar as declaracións realizadas pola Sra. Concelleira de Cultura Dª Sonsoles Vicente en relación coas Festas de San Telmo e cos eventos de Verán neste ano 2019. Respecto as Festas de San Telmo, subliñar que a cifra de gasto non chega aos 300.000 euros como afirmou  a Sra. Concelleira;  e a máis consideramos que estas Festas foron as mellores da historia cunha programación variada e de gran calidade. 

Queremos recordarlle ao Partido Socialista que o seu Goberno pagou 180.000 euros, as segundas Festas máis caras da historia en 2017, con eventos de menos entidade, sobre todo no que se refire aos concertos e atraccións, porque nos fixemos unha xestión exemplar dos cachibaches e moi orixinais espectáculos na rúa. Evidentemente un artista en boga como Blas Cantó e sobre todo unha formación da traxectoria de Orquesta Mondragón teñen un cache, non en vano a Mondragón atesoura 5 “hits” na música española, e os seus discos “Bon Voyage” e “Bésame Tonta” están extraordinariamente valorados pola critica e no seu día polo mercado.     

Cáusanos sorpresa que o Partido Socialista critique en C21 o que alaba do seu Alcalde referente, D. Abel Caballero, que este ano gastou case 4 millóns de euros nas luces do Nadal pero que supostamente beneficiaron de forma substancial a hostalería de Vigo. Nos  consideramos que estas festas en Tui igualmente supuxeron unha notable fonte de ingresos para os comerciantes e para o sector hostaleiro tudense. A máis o PSOE avogou por unhas festas patronais de entidade, pedímoslle coherencia a hora de valorar o evento de 2019 que  consideramos moi positivo en relación calidade, custo,  repercusión e resultados.

Respecto o que se desprende das declaracións da Sra Concelleira sobre as Festas de Verán, subliñar que temos que presentar unha queixa formal. A Sra. Concelleira da a entender que os presupostos de IKFEM e ARRAIANOS están extinguidos. Iso é non e certo. O Goberno de C21 foi o primeiro en introducir en orzamentos as partidas dos devanditos eventos. Son orzamentos blindados e polo tanto en plena dispoñibilidade para este exercicio.  

Por outra banda, unha inexactitude que se podería desprende do artigo de Faro de Vigo o respecto da Música no Claustro. O feito de que non teñamos concerto este ano non e culpa do Goberno anterior. Este evento celebrase cada dous anos e este 2019 non toca. 

Declaracións de José Palacín na Radio Municipal de Tui. (29/07/2019)

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.