Remodelación da entrada de Tui pola Avenida de Portugal.
Dende Converxencia 21 congratulámonos polo anuncio do proxecto de
remodelación no tramo que vai dende a Ponte Vella Internacional ata a
intersección ca Estrada de A Guarda, reordenando así a sección da actual N-551.
E unha obra longamente demandada pola cidadanía tudense e que varios
Gobernos Municipais, entre eles o de Converxencia 21, vimos reclamando, e por certo ignorada por PP - PSOE.
De feito en maio de 2018 o Goberno anterior do Sr. Vázquez Padín remitiu unha memoria o Ministerio de Fomento, a través da Subdelegación do Goberno, no que se solicitaba a transformación da Avda de Portugal dende a Ponte Vella ao Cruce de A Guarda e o Camiño Tenencia, e que incluso incluía esa rotonda que agora se anuncia.

Chama poderosamente a atención que o Goberno Central, a través da
Subdelegación en Pontevedra, acorde agora
acometer este expediente xusto cando o Goberno Local, tamén do Partido
Socialista, leva tan so 15 días no poder.
Agardamos que, efectivamente, as obras se vexan rematadas antes do próximo
Xacobeo e que estes 750.000 euros de investimento sexan optimizados para
solucionar non so as derivadas do feísmo senón tamén as deficiencias na
circulación e aparcadoiro e na seguridade peonil e dos peregrinos.
Na foto obsérvase ao equipo de Goberno anterior ca Subdelegada do Goberno en maio 2018.
Na foto obsérvase ao equipo de Goberno anterior ca Subdelegada do Goberno en maio 2018.