O Concelleiro de C21 presente na inauguración da Rotonda de Guillarei

Palacín, segundo pola esquerda.
Hoxe inauguróuse oficialmente a Rotonda de Guillarei, unha obra trascendental para a mellora do tráfico na PO-404, na súa intersección coa Rua Loureiro.

O noso concelleiro, José Manuel Palacín estivo presente xunto co Delegado Territorial da Xunta, D. José Manuel Corés Touris, o Xefe Territorial de Infraestruturas e Mobilidade, José Luís Díez e o Excelentísimo Alcalde de Tui D. Enrique Cabaleiro.    

Esta obra, longamente desexada e reclamada, con un orzamento de 316.400, comezou a converterse en realidade en outubro de 2017 o ser incluida no pacto programático entre Converxencia 21 e o Partido Popular. 

A inauguración de obra acudiu o Excelentísimo Alcalde D. Carlos Vázquez Padín en maio do ano pasado.  

Dende C21 congratulámonos por esta obra que houbera quedado mellor si a beirarrúa da marxen esquerda (indo cara a estación) tivera continuidade en vez de quedar interrumpida por o muro e a varanda (quitamedos) da estrada. Agardamos a pronta solución deste punto negro.  

Do mesmo modo aproveitamos para reivindicar ante a Xunta de Galicia novas reformas desta perigosa estrada, moi en particular en torno a Estación de Caldelas e os Colexios de Caldelas e O Pelouro. 

Na prensa: Faro de Vigo 

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.