Rogo para o adecentado dos terreos da Área Panorámica


Baixo o Goberno anterior, concretamente o titular de Vías e Obras, D. Antonio Castro Negro (PP), efectuou un desbacheado e un acondicionamento integral do terreo polas datas de Nadal pero o deterioro do torreiro nestes meses foi considerable.

Solicitamos se teña a ben volvelo a adecentar na maior brevidade, antes de que cheguen as choivas e que a axiña se aborde un proxecto que converta este espazo, agora indecente, nun lugar de esparcimento. 

C21 presentamos durante o noso mandato o primeiro proxecto viable da historia para humanizar este punto de referencia esencial para Tui. Tiñamos tamén en mente artellar outro proxecto "modelo parking Europeo" e someteríamos ámbolos dous a votación popular.     

Na foto: Proxecto para a Área Panorámica elaborado baixo o mandato de D. Carlos Vázquez Padín.

Publicacións populares deste blog

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?