C21 Pediralle ao Sr. Alcalde a través dun rogo no próximo Pleno que permita a cada persoa do público realizar mais dunha pregunta.


C21 solicitaralle ao Excelentísimo Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, na próxima sesión plenaria que permita a cada un dos integrantes do público asistente formalizar máis dunha pregunta por pleno, unha norma imposta polo Sr. Cabaleiro e que C21 non comparte. 

Converxencia 21 considera que xa que o actual goberno bipartito PSOE – EN MAREA artellou un sistema de plenos bimestrais, polo menos non restrinxa a expresión dos cidadáns. E que teña en conta o Sr. Alcalde que o apartado de preguntas do público aporta un valor engadido para o avance de Tui posto que aborda cuestións directas e de primeira man por parte da cidadanía.

O Concelleiro de C21,  José Palacín, considera que “xa que se elevaron as retribucións plenarias para os membros da Corporación, polo menos os beneficiarios deberíamos non escatimar en entrega e esforzo, mantendo a nosa total disposición cara a cidadanía durante o tempo que faga falta”. 

Publicacións populares deste blog

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?