C21 congratúlase do éxito do Tui Emprégate 2018 - 2019.

C21 quere felicitar a todos aqueles que conseguiron un posto de traballo ou iniciaron un proxecto empresarial autónomo tras rematar o Programa Tui Emprégate 2018 - 2019, un programa iniciado polo Goberno do Sr. Carlos Vázquez Padín e rematado baixo a supervisión da actual Concelleira de Emprego Dª Ana Núñez.

O programa resultou un éxito total posto que se superaron tódalas expectativas de empregabilidade, fixadas nun 45%, e chegando ao 71%, persoas que agora están ocupadas en empresas de automoción, comercio, hostalería ou alimentación ou incluso que emprenderon o seu propio proxecto empresarial. 

Tamén felicitamos ao Goberno Actual por volver a solicitar a Concellería de Economía, Emprego, Industria a realización dunha nova edición. 

O Goberno de C21, en colaboración ca Xunta de Galicia, votou a andar este programa fai un ano. Se partiu dun diagnóstico ocupacional de cada participante para, posteriormente, enfocar os perfís cara a tres itinerarios de formación: Industrial, Comercio e Servicios a Comunidade. 

O alumnado recibiu 1.650 horas de formación cualificada (manexo de maquinaria, TPV, acondicionamento de comercio) e de formación transversal (coaching, informática básica, obradoiros de entrevistas, mobilidade laboral).  

Felicitacións a profesores e alumnos.

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.