C21 solicita a ampliación con zonas verdes do Colexio CEIP Nº 1.


O noso concelleiro, José Palacín, solicitou por rexistro de entrada a perentoria necesidade da ampliación con zona verde do COLEXIO CEIP Nº 1, situado na Rúa Canónico Valiño, e que a día de hoxe carece das máis mínimas condicións de lecer en contacto ca natureza e posibilidade de desenrolo de actividades que requiran espazos ecolóxicos, cando curiosamente este colexio atopase moi activo en iniciativas de  índole medioambiental.   

C21 considera que esta xestión é relativamente sinxela posto que ven dada por unha privilexiada ubicación xeográfica do colexio, - o recinto está rodeado de fincas potencialmente verdes -, e tamén avalada polo PXOU que, precisamente, contempla que unha das parcelas lindeiras se destine a ampliación do susodito colexio. 

Palacín solicita literalmente co Goberno Local poña en marcha a maquinaria administrativa para anexionar xurídica, física e estruturalmente esta parcela lateral a  dito centro educativo posto que a tal efecto conta ca referencia dun proxecto encargado polo Goberno Anterior de C21.  

Enlaces Prensa: 

Faro de Vigo



Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h. 

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.