C21 solicita a reforma das rampas dos pasos de peóns nas beirarrúas Ourense e Compostela


Dentro da súa campaña Tui Seguro, e a raíz dun desgraciado accidente acaecido o día 23 de decembro, C21 solicitou por rexistro de entrada a reforma das rampas dos pasos de peóns nas beirarrúas Ourense e Compostela.

Ditas rampas de accesibilidade principalmente na intersección Compostela - Ourense son moi estreitas, non cumpren a normativa de pendente e están mal focalizadas cara a rúa.

A reforma ten moi fácil solución pero sobre todo necesita dunha urxente solución.

O goberno de C21 deixou asinado un proxecto para mellorar a mobilidade en todo o Concello, o PMUS (Plan de Mobilidade Sustentable), que acaba de emitir un diagnóstico, por elo pedimos ao Goberno Actual que comecen a traballar nestas pequenas reformas, que por outra banda son facilmente detectables, sen necesidade de PMUS.

Polo tanto, lle solicitamos o inmediato arranxo das caídas ou rampas dos pasos nas beirarrúas en xeral e nesta de Compostela - Ourense onde se produciu o accidente en particular, desexando sobre todo a pronta recuperación da persoa accidentada.

# TUI SEGURO

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.