C21 xestionou a maioría do Plan Concellos 2017.

O noso Concelleiro quere aclarar que foi o Goberno de Carlos Vázquez Padín o que executou a maioría das obras do Plan Concellos 2017. A nosa formación vese obrigada a explicar este punto debido a insistencia dos membros do Goberno Actual en atribuírse este traballo de xestión, sen ir máis lonxe o Excelentísimo Alcalde D. Enrique Cabaleiro, o fixo en declaracións a prensa o día 24 deste mes.

Dos proxectos establecidos ao abeiro do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal da Deputación de Pontevedra, o Goberno do Sr. Padín executou unha parte moi importante baixo o seu mandato, sendo incluso inaugurada algunha obra polo Sr. Cabaleiro, e quedando algúns proxectos pendentes por razóns de diferente índole, ben administrativa como as vías de Bouzabalada e Figueira, debido ao retraso do estudo arqueolóxico, ben por axustarse aos tempos de execución como a reforma do Conservatorio porque se estaba a espera do final do curso 2018 - 2019 para acometelo, e no caso da semaforización das rúas Calzada e Concordia por concurso deserto.

En todo caso, Converxencia 21 houbera acometido ditas obras en prazo, porque de feito o Goberno Actual o conseguiu sen dificultades o cal merece recoñecemento. Sen embargo, hai dúas obras que - para Palacín - esixen unha explicación individual, sempre partindo da base do respecto institucional de C21 polos proxectos herdados do Goberno Cuatripartito. O primeiro, os Xardíns de Troncoso, rexeitado por Patrimonio inicialmente e ao que se lle fixo seguimento a pesares de non ser do gusto do noso Goberno que prefería un enfoque máis de parque do Século XIX, e segundo, a Rotonda de Guillarei que - afirma Palacín - baixo ningún concepto se ía a desenrolar por supoñer un gravísimo perigo para os ciclistas e motoristas e un gravoso cargo para as arcas públicas, de feito C21 xa tiña en mente un proxecto de reposición.           


Foto: Teatro Principal, mercado por C21 baixo os auspicios do Plan Concellos.

Prensa: 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30. Declaracións de José Palacín.
Faro de Vigo   

  

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.