Converxencia 21 inicia a súa campaña: "Tui Seguro"


O noso Concelleiro, José Palacín, anunciou que dende fai uns días iniciou a campaña: “Tui Seguro”.

Trátase dunha iniciativa que consiste en ir detectando potenciais perigos por falta de seguridade en diferentes ámbitos e puntos por todo o Concello de Tui, dende muros con risco de colapso a pozos destapados, dende deficiencias en instalacións eléctricas públicas ata árbores con posibilidade de caída ou irregularidades nas infraestruturas de saneamento e estradas, e por último sen esquecer os parques infantís.

Por iso, Palacín notificou a través de rexistro de entrada xa unhas 20 incidencias, algunhas xa arranxadas, como un cable eléctrico ao aire na beirarúa de Casal Aboy fronte ao Centro de Saúde ou unha bombona de gas desaloxada dun inmoble abandonado, e outros aínda pendentes de solución como as bandas metálicas da Rotonda de Guillarei.

Palacín quere agradecer ao Goberno Local a súa dispoñibilidade, expresando que este proceder concorda co plantexamento da súa formación de realizar unha política construtiva, allea ao simple oportunismo partidista e so pensando en Tui.  Estas accións poderánse consultar no blog e nas redes sociais do partido.  

Nesta foto observamos imáxenes da última petición de C21 para que se talen estes perigosos eucaliptos en Ribadelouro. 

Prensa: 

Radio Tui: Noricias 13,30 do día 17 de decembro de 2019. 
Telemariñas

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Considero un erro os ultimatums en política