C21 detecta varias cornixas perigosas no casco de Tui.


Dentro do noso Plan #TUISEGURO, dende C21 comunicamos por rexistro de entrada que se detectaron varias cornixas perigosas en Tui.

A primeira nun edificio en estado de abandono no Barrio do Arrabal, que xa perdeu a súa ménsula esquerda e cunha estrutura de madeira que se atopa nun estado lamentable. Por enriba, este posible punto negro sitúase sobre unha beirarrúa pola que circulan os peregrinos do Camiño de Santiago.

A segunda cornixa atópase nun edificio que fai intersección entre Augusto Gonzalez Besada e Rúa Foxo. Esta última corre perigo de colapso das súas tellas frontais debido a que un arbusto crece incontroladamente sobre elas.

O noso concelleiro, José Palacín, solicitou que se aborde a solución destes elementos carentes de seguridade e que mentres tanto se valen as zonas de risco para evitar una posible traxedia. 


Prensa

Telemariñas 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h. do día

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Considero un erro os ultimatums en política