C21 congratúlase do aprazamento dos impostos locais.

O noso concelleiro congratúlase de que a petición do noso partido ao Goberno Local, o día 25 de marzo, tivera efectos inmediatos. Nesa rogatoria C21 solicitaba a suspensión do pago dos impostos de competencia local con motivo da crise do COVID 19 e máis adiante, tamén requeria un estudo para artellar un potente Plan de Choque Fiscal, sobre todo dirixido as empresas locais.

O Ilustrísimo Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, xa atendeu esta necesidade perentoria do aprazamento, cuestión pola cual C21 traslada as súas felicitacións. 

Publicacións populares deste blog

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?