C21 solicita o vallado urxente da Rúa Álvarez Blazquez.

Dentro do seu Plan #TUISEGURO, o noso concelleiro, José Palacín, solicitou por Rexistro de Entrada o urxente e correcto vallado da Rúa Álvarez Blázquez na súa marxe que da ao precipicio onde se atopan as instalacións do Liceo Casino e as Piscinas Municipais.

Todo isto xurde a raíz dun aviso dun cidadá na súa rede social na que se advertía da ausencia de elementos de seguridade nese traxecto. Tras verificar isto in situ, o noso concelleiro de C21 advirte que:
1) Existen tramos con valla duns 70 cms que non cumpren a normativa de altura, e que diante teñen setos pero que son facilmente franqueables polos lados.

2) Hai outros tramos de valla de 70 cms que dan directamente ao abismo.

3) E por último, o máis grave, achegándose aos Xardíns de Troncoso atópase un anaco sen vallar que ameaza unha caída dende varios metros.

Polo tanto, posto que cerca existe un parque infantil e os propios Xardíns de Troncoso,

Palacín solicita o cambio de protección tal como marca a normativa, e ante todo reparar ese espazo sen protección.

Prensa.

Telemariñas.

Faro de Vigo

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 10 de marzo de 2020. 

Publicacións populares deste blog

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?