O 14 de marzo, I Congreso Local de Converxencia 21 - Tui.

Anunciamos a celebración do noso I Congreso Local que terá lugar o día 14 de marzo na Sala Félix da Área Panorámica. 

A Executiva Nacional do partido nomeou no mes de novembro a Mónica Romero como Secretaria Encargada de artellar dito Congreso que se atopa na fase final, posto que xa se pechou o prazo para a presentación de candidaturas.

O único aspirante ao cargo de Secretario Local de C21 - Tui é José Manuel Palacín Y Rguez, actual concelleiro e voceiro da formación.

José Palacín presenta unha candidatura a Executiva que conta ca propia Mónica Romero en calidade de Vicesecretaria, con persoas históricas do partido como Sonia Santos, de innovación como Auri Fernández e cos exconcelleiros Mila González, Chus da Silva e Eduardo Freiría.

Do mesmo modo, neste I Congreso someterase a escrutinio o modelo de organización local proposto por Palacín e no futuro esta Executiva presentará a Asemblea Local as ponencias estratéxica e política.

Ao congreso asistirán o noso Secretario Xeral, Xaime Requeixo, e por suposto o noso líder fundador Carlos Vázquez Padín.  

Prensa

Infomiño. 

Publicacións populares deste blog

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?