C21, solidaridade cos nosos Policías Locais afectados por COVID

Ante o feito de que tres membros da plantilla da nosa Policía Local deran positivo nas probas de COVID 19 subliñar que:

1) C21 desexa a pronta recuperación de tódolos afectados, se ben a boa noticia é que dous dos nosos profesionais non presentan síntomas e o primeiro caso positivo atópase nun proceso de recuperación satisfactorio.

2) Tamén lamentamos o tempo de incertidume que pasaron os membros da nosa Policía Local sen coñecer os resultados dos Tests. Neste orde de cousas desaprobamos a ineficiencia das autoridades políticas responsables de que ata agora a nosa comandancia  non fora obxecto de test periódicos dende a primeira semana do Estado de Alarma, cuestión en xeral mimética en case tódolas demarcacións municipais do Estado, a pesares das reiteradas reclamacións por parte de moitos sindicatos policiais.
    
3) A pesares da precariedade ca que están a traballar, tanto en medios como de persoal, temos confianza cega na determinación da Policía de Tui por protexer a nosa cidadanía  e recoñecemos o inxente labor que están a desenrolar.

4) C21 queda a disposición de todos e cada un dos axentes e auxiliares para ó que poidan necesitar.

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.