C21 adhírese a reivindicación para a apertura do paso fronteirizo entre Tui e Valença.

O noso Concelleiro, José Palacín, acompañou hoxe a o Ilustrísimo Presidente da Cámara Municipal de Valença, D. Manuel Lópes, e ao Excelentísimo Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, na concentración que se materializou na alfandega de Valença, e que tiña como propósito a solicitude da apertura do paso fronteirizo entre Tui e Valença a través da Vella Ponte Internacional. 

Dita petición conxunta da ámbalas Corporacións baséase na vontade de encontro entre dos pobos unidos polo corazón habida conta da mellora sustancial da situación sanitaria  e debido ao prexuízo que esta separación está a causar nas economías das dúas localidades. 

C21, mantendo as precaucións dictaminadas polos respectivos ministerios de sanidade de España e Portugal, tamén adhírese as verbas dos máximos representantes locais  Sres. D. Manuel Lopes e D. Enrique Cabaleiro, de feito o noso concelleiro dende a Radio Municipal de Tui ven pedindo sistemáticamente dende fai unha semana que os nosos representantes poñan o foco na necesidade perentoria da apertura fronteiriza.
   

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.