Dous anos dende a traxedia de Paramos, a dor abre paso a esperanza.

Hoxe conmemórase o segundo aniversario da traxedia de Paramos. Foi un electroshock que detivo de golpe o latido dun barrio, de varias parroquias, de toda a nosa localidade. 

Moitos notamos a bater das nosas fiestras, outros un forte tremor, os mais achegados o inferno de Dante. O Barrio da Torre chegou ao ceo e volveu a caer en forma de volcán de pedras, ferros, mobles, coches, enseres, e recordos. Logo as sirenas e os choros de desesperación. 

Dúas persoas falecidas, trinta e sete feridos e sesenta casas gravemente afectadas. 

Dende esta primeira declaración en pos dun loito oficial efectuadas polo Excelentísimo Alcalde, D. Carlos Vázquez Padín, (e que aquí transcribo), ata o día de hoxe, os veciños pasaron moitas vicisitudes e penurias, pero hoxe a dor vai abrindo paso a esperanza, e nos dende C21, esperamos de corazón, haber contribuído a ese proceso de curación.    

Porque seguimos comprometidos!.



Carlos Vázquez Padín @carlosvpadin Vou declarar tres dias de loito oficial. Convoquei Xunta de Portavoces á que vou propor a celebración dun pleno extraordinario para facer unha declaración institucional.

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.