Entrevista a José Palacín na Radio Municipal de Tui.

Con motivo da rolda de contactos cos voceiros dos partidos da oposición, a Radio Municipal de Tui entrevistou hoxe ao noso concelleiro, José Palacín.   

Durante 22 minutos o periodista, D. José Font, repasou co noso representante a actualidade municipal, tratando asuntos como o Plan de Reconstrucción post COVID 19, a polémica sobre as futuras estacións de servizo en Areas, o parking da traseira da Área Panorámica ou o Pleno do 16 de Abril, onde o Goberno Local levou a recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo a remanente de tesourería a frioleira de 773.000 Euros en tan so 6 meses.

Para finalizar José Palacín voltou a felicitar a cidadanía de Tui e a súas forzas vivas polo comportamento exemplar durante o período do Estado de Alarma. 

Este é o enlace da engtrevista en IVOXX

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.