C21 solicita un Parking de 450 prazas.

Durante a súa intervención na sesión plenaria do pasado Xoves, o concelleiro de C21, José Palacín, solicitou ao Goberno Local que negocie ca empresa redactora do plan de viabilidade do Parking da Área Panorámica, o incremento de dito aparcamento en 150 prazas máis, distribuídas baixo a Rúa Compostela. E aínda que de feito, o plan actual contemple a posibilidade de ampliación a futuro mediante a fabricación dunha saída cega, o partido liberal considera máis axeitado comezar xa dito trámite a fin de solucionar dunha vez por sempre o problema do estacionamento en Tui e non volver a molestar aos veciños dentro dun certo tempo. 

Palacín tamén lembrou a PSOE – EN MAREA, que fai tan so un ano, estando na oposición, reclamaban un parking de dúas plantas, 700 prazas y de titularidade pública, o que tería suposto (segundo palabras de Palacín) “enterrar nun hipoxeo faraónico dous terzos do remanente, ¡máis de 7 millóns de euros!, e que agora no Goberno o Partido Socialista se atopa ca inevitable realidade”. 


Palacín tamén queixouse de que o Goberno do “Sr. Cabaleiro, non deixe pedra sobre pedra da herdanza de C21”, en clara referencia ao proxecto axardinado destinado a parte traseira da Área Panorámica e que se deseñara e pagara durante o mandato de Carlos Vázquez Padín.    

Na Prensa:

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 01/06/2020.

Porriño Digital 

Telemariñas

Infomiño
 

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.