C21 solicita reactivación dos parques infantís.

Dende C21 solicitamos a máxima dilixencia, sempre cumprindo cas medidas de seguridade, na posta en marcha dos parques infantís.

O Goberno Local debe ter en conta que nesta situación de "nova normalidade" decretada para Galicia, os parques son unha das escasas actividades de lecer para os nenos, e máis tendo en conta a falta de colexio, o peche das piscinas municipais, e as restricións nas praias ou zonas deportivas. 

Consideramos que, a pesar das reiteradas solicitudes de C21, o Goberno Local non tomou as medidas necesarias para o arranxo destas instalacións e agora vese imposibilitado para aperturar. Lembrar nese senso que o noso Concelleiro, José Palacín, ven solicitando nestes meses, tanto por rexistro de entrada como en varios plenos que o executivo volte a tipoloxía contractual para o mantemento dos parques infantís adoptada no mandato do Sr. Padín e que a Sra. Concelleira Delegada de Parques e Xardíns do PSOE suspendera dende que asumira a súas funcións. 

Tras un ano de desidia, congratulámonos de que, por fin, este Goberno, reconsidere e polo tanto volva ao noso modelo de espírito de mantemento e que aborde o arranxo das instalacións pero entendemos como perdidos os meses anteriores e por iso agora o Concello de Tui non pode satisfacer esta importante demanda.        

Nesta foto, sacada fai 14 días pódese observar o lamentable estado do Parque da Rúa Álvarez Blázquez.   

Na prensa: 

Porriño Digital

Radio Municipal de Tui.

 

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.