C21 presentará no Pleno unha solicitude para eliminar tres puntos negros na Estrada PO - 404.

O noso Concelleiro defenderá nesta sesión plenaria de xullo unha moción pola cal pedimos que a Corporación de Tui solicite a Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia a intervención en tres puntos negros do percorrido da PO - 404 a seu paso pola demarcación de Tui.

A moción solicita a mellora do tramo entre o Km 3,120 e o 3,250 no seu transcurso polo regato de Paramos onde un valado e unha ponte supoñen un risco para os vehículos e a absoluta interrupción do tránsito peonil, unha segunda actuación se requiriría fronte a Casa Cultural Paramos onde os vehículos circulan a gran velocidade, e unha terceira, a máis ambiciosa, tería como obxecto liquidar o punto negro sito en Baños, en torno a Estación, Colexio O Pelouro  e CRA de Caldelas, presentándose un informe de actuacións urxentes.

C21 iniciou estas reivindicacións ao abeiro do seu Plan LOITA PO la 404,  e se ben o concelleiro do partido liberal recoñece a traxectoria positiva de investimentos da Xunta de Galicia en Tui, tamén faise eco desta necesidade de mellora dunha arteria que percorren os veciños de catro parroquias (Guillarei, Paramos, Baldráns e Caldelas) e que une Tui con Salceda de Caselas e Salvaterra).

Palacín afirma sentirse optimista cun posible apoio dos diferentes grupos a esta moción.   


Prensa

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 30 de Xullo 2020.

Porriño Digital

Infomiño

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.