C21 considera tráxico e esperpéntico o sucedido co Pontillón de Caldelas.

C21 considera tráxico polo resultado final e esperpéntico polo proceso de execución o acaecido co acueduto de Caldelas, derrubado nunha desafortunada actuación da Confederación Hidrográfica.

Palacín afirma que: “Neste caso, a burocracia aséptica das administracións públicas conduciu ao derrube dun patrimonio etnográfico que si se salva será grazas a sensibilización veciñal”.

Dende C21 tamén nos sorprendenmos de que o Sr. Alcalde de Tui considere, (segundo as súas declaracións), como “impecable” este procedemento administrativo, partindo da base de que no momento da desfeita o Goberno Local pensaba co Pontillón se atopaba na demarcación de Tui e faltou vontade política para evitar a súa destrución. Palacín considera co proceso de desmontaxe, se houbese sido imprescindible para o proxecto acuícola, no debía ter sido traumático, senón arqueolóxico, cunha catalogación rigorosa e non acabar deste modo. C21 avoga por un acordo co concello veciño de Salvaterra, onde se atopaba oficialmente o acueduto, para co Pontillón se recupere, e cos veciños de Caldelas podan desfrutalo debido ao vínculo emocional existente e máis se as arcas tudenses sufragan a reconstrución tal como prometeu o Sr. Cabaleiro.
 
Prensa.
 
 
 
 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 19 de agosto de 2020.  
 


Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.