C21 solicita a mellora da circulación na Rúa Calzada.

C21 ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local tome unha decisión sobre o tráfico na Rúa Calzada, sobre todo agora que se iniciará o curso escolar, habida conta dos atascos que se producen ao longo do traxecto da rúa en xeral, e máis na hora punta da entrada e da saída do Colexio Nº 1 ou dos pavillóns polideportivos.

O noso voceiro, José Palacín, di non entender co Goberno fixera tantas intervencións restritivas no centro, deteriorando os fluxos de tráfico e xerando atrancos, o cal afecta a calidade de vida, a imaxe e a economía de Tui de xeito negativo, pero que non buscara solución para un tramo no que si existían problemas circulatorios como é o da Rúa Calzada.

Prensa.

Porriño Digital

Infomiño

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día

 

Publicacións populares deste blog

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?