José Palacín solicita que os futuros orzamentos contemplen o mantemento de persoal fixo na oficina de Turismo tal como o establecera C21.

C21 ven de solicitar por rexistro de entrada unha petición dirixida ao Concelleiro Delegado de Turismo e Patrimonio, D. Laureano Alonso, para que, unha vez iniciado o curso político e habida conta de que se presupón que o Goberno Local terá que elaborar uns orzamentos, se traballe para a inclusión dunha partida que procure o mantemento de persoal fixo na Oficina de Turismo.

José Palacín lembra que o Goberno de C21 foi pioneiro en instaurar esta partida orzamentaria co obxecto de evitar a temporalidade nun servizo tan fundamental para a imaxe, a economía e a difusión do patrimonio de Tui.

Foto: Carlos Vázquez Padín na Oficina de Turismo presentando o Rueiro de Tui.

 

Prensa: 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do 31 de agosto de 2020.

Porriño Digital 

Telemariñas

 


Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.