José Palacín solicita resetear o tráfico de Tui ao punto onde o deixara C21.

O noso concelleiro ven de solicitar por rexistro de entrada o reseteo do tráfico ata practicamente o punto onde o deixara Converxencia 21.

Durante estes últimos meses vense xerando un caos circulatorio debido as medidas restritivas implantadas polo Goberno Socialista, sendo a circulación cada vez mais atrancada, imbricada, complexa e antiintuitiva e o aparcamento cada vez mais escaso e alleo as necesidades dos viandantes e condutores.

Palacín pediu retornar aos sentidos de circulación anteriores ca excepción do sentido único de San Bartolomé e Arrayal, que non Palláns. Tamén manter as restricións pola Corredoira dende a Praza da Inmaculada cara o sur, pero abrindo novamente o dobre sentido da Corredoira dende a Inmaculada cara a O Porriño. Tamén avogamos por unha contrarreforma en Augusto González Besada e que se retorne a circulación no senso anterior na Rúa O Pilar.

Outras suxerencias de C21 son as de crear prazas de carga e descarga para repartidores e para minusválidos na propia Corredoira a fin de favorecer a hostalería, ao comercio e o acceso ao Casco Histórico, Concello, Policía Nacional, Facenda e Seg. Social e de modificar o emprazamento da parada de autobús da Rúa Ourense.  

Palacín sinala textualmente que: “Quedou demostrado empiricamente que os experimentos co tráfico so se poderán realizar a partir da apertura da Rúa Ourense pola cara norte, e por iso pido paciencia ao Goberno e que despois deste rotundo fracaso devolvan a solvencia en materia de tráfico rodado e de aparcamento a nosa cidade e polo tanto deixen de causar un dano irreparable a nosa calidade de vida, a nosa imaxe  e a nosa economía”.

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.