C21 congratúlase pola recente posta en valor do conxunto de gravados rupestres situados en Randufe pero solicita a execución do Plan REC - TUI.

O noso concelleiro expresa que a prospección e a recuperación dos petroglifos de Randufe foi un proxecto encargado polo goberno de C21 no mandato anterior en colaboración ca Comunidade de Montes de Randufe e financiado coas axudas para a Rehabilitación e Sinalización do Patrimonio Histórico-Cultural da Deputación de Pontevedra, correspondentes ao ano 2019.

Con este proxecto perséguese (segundo palabras do exconcelleiro de Patrimonio Eduardo Freiría) "a conservación do patrimonio e do seu entorno, así como a difusión e valorización do mesmo por parte da sociedade", e neste senso, C21 solicita ao actual goberno que execute o proxecto financiado co Plan Concellos da Deputación, correspondente ao ano 2018, REC-TUI, e que consiste na reactivación patrimonial dos elementos históricos existentes no Concello.

Trátase dun proxecto vangardista en Galicia, que ten como obxectivo o patrimonio na súa dimensión máis material, onde sexa contemplado como un “recurso vivo”, capaz de contribuír ao desenvolvemento económico e social atopándolle funcións contemporáneas e baseándose nun método de actuación que parta do debuxo dunha cartografía histórica xeorreferenciada, que se visualice nunha web interactiva, que este aberta a divulgación na educación e con xornadas de expertos, e incluso ser obxecto de unidades didácticas. Todo iso o contempla o Plan REC.
 

 

Prensa. 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 4 de stembro de 2020.  

Porriño Digital

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.