C21 considera que houbo precipitación no traslado do mercado pero, dados os feitos consumados, o apoiará mentres dure a alerta sanitaria polo COVID.

O noso concelleiro congratúlase de que por fin, tras dous meses de peticións, puidese consultar o expediente de traslado do Mercado do Xoves aos terreos de Cam-Fran.

Tralo seu estudo, José Palacín considera que: “Existiron algunhas deficiencias na xestión, e como ben amosan posteriores declaracións e actuacións do Goberno, o COVID serviu de escusa para o cambio, isto en contraposición ca diafanidade da Concelleira do noso Gobernor, Milagros González, que no seu momento plantexara tamén este traslado pero con un debate de portas abertas a tódolos tudenses”.

Tamén aclarar que o Sr. Alcalde afirmou en sesión plenaria que: “O expediente de traslado do mercado o abrira Converxencia 21 no seu mandato”, cando en realidade data do 7 de Xullo de 2020, curiosamente días despois de que o conxunto da oposición introducise por rexistro de entrada a solicitude dun pleno monográfico sobre o mercadillo, documento que se acompañaba dunha xustificación de motivos que pivotaba sobre 10 puntos, entre eles que se mostraran por parte do Goberno os informes preceptivos que xustificaran o cambio de ubicación por razóns sanitarias, a documentación sobre os terreos de asentamento, os informes urbanísticos e memoria técnica, así como a existencia dun seguro de RC ou un axuste do procedemento de traslado as ordenanzas municipais.

O Goberno Local instalara o mercado días antes “sen atender de forma rigorosa a algunha destas cuestións”. Por iso Palacín considera que: “O PSOE obrou con precipitación e a remolque da oposición”.

Por outra banda, dende C21 siguimos lamentando que a iniciativa do cambio se executase sen consenso cos comerciantes, sen debaterse na Corporación e con un gasto tan elevado e inusitado nas administracións públicas, tendo en conta a natureza dos terreos e a provisionalidade da medida debido a que interpretamos co informe xurídico constrinxe a validez deste traslado ao tempo que se prolongue esta situación xerada polo COVID 19.

C21 admitimos que este cambio é positivo dende un punto de vista sanitario, por iso que, xa trasladado por feitos consumados, vai a apoialo mentres dure esta crise COVID pero unha vez pasado este período, exhortamos ao Sr. Cabaleiro a “reabrir o debate, posto que todos, clase política, comerciantes e usuarios, teremos para esas datas unha visión máis empírica da conveniencia de deixalo onde se atopa, sempre ca normativa urbanística o permita, ou devolvelo a seu lugar tradicional”. 

Foto: Mila González e José Palacín na campaña electoral de 2019. (Foto: Tuan)

Prensa: 

Radio Muncipal de Tui, noticias 13,30 do día 07/09/2020.

Infomiño.

Porriño Digital. 

Telemariñas

 


Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.