Converxencia 21 solicita a Alcaldía que apreme para que se rematen as obras de reparación da Ponte da Veiga.

O noso concelleiro, José Palacín, solicitará por rexistro de entrada esta semana que o Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, apreme a Confederación Hidrográfica co obxecto de que se remate a obra da Ponte da Veiga que leva en suposta execución dende novembro do ano pasado cando sufrira un colapso.

José Palacín afirma que: “Non se pode colar como nova normalidade unha circulación traumática nun viario tan esencial como o Camiño da Veiga do Louro, os veciños e usuarios está a sufrir un grave trastorno económico e de tempo debido a interrupción semafórica. Somos conscientes da complexidade técnica da reparación pero dez meses é un prazo máis que sobrado para afrontala”.

C21 xa solicitara que o Sr. Alcalde mediara nesta cuestión no transcurso do Pleno do mes de xullo.

Foto: Veiga do Louro. (Palacín)


Prensa.

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 15 de setembro.

Porriño Digital


 

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.