Dende C21 lamentamos a falta de previsión en canto a medidas de seguridade sanitaria con motivo da recepción da Súa Maxestade o Rei.

Ca cortesía e respecto institucional que nos caracteriza iniciamos esta nota desexándo que D. Felipe de Borbón Y Grecia tivera unha feliz estancia en Tui, pero dito isto expresamos o noso pesar pola ausencia de medidas de distanciamento social, concretamente durante a recepción do público fronte a Comandancia da Mariña.

“Repasando a filmografía da visita, - afirma noso Concelleiro - preocúpame que non se supervisase a disposición do público que acudiu ao Paseo Fluvial para expresar o seu apoio ao Excelentísimo Señor Xefe de Estado. Tantas persoas ateigadas supón unha praxe pouco prudente dada a situación sanitaria actual e debía haberse disposto aos asistentes en parcelas ao longo do paseo fluvial en vez de que quedaran apiñados tras unha valla de 8 metros”. 
 
Por outra banda, consideramos “nada segura” a manifestación en contra da visita D. Felipe VI por non contar tampouco cas medidas de seguridade e distanciamento social axeitadas. 
 
Todo este risco de contaxios, e polo tanto poñer coto ao mesmo, debería haberse tratado na Mesa Sanitaria celebrada días antes da visita e que se convoca a instancias dunha petición nosa en Sesión Plenaria.  
 
Foto: Cedida por medio comunicación. Nesta foto podemos observar a aglomeración do público que acudiu en apoio de D. Felipe VI.  
 
Prensa
 
 
 
 
 

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Considero un erro os ultimatums en política