C21 non comparte o balanzo do Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, acerca do tráfico en Tui.

O noso concelleiro afirma que non comparte as últimas declaracións do Sr. Alcalde de Tui ao respecto do funcionamento do tráfico.

“Observamos unha certa intencionalidade de eludir a responsabilidade do seu goberno neste caos circulatorio”, e sinala que en ditas declaracións a radio Municipal de Tui o Sr. Alcalde escudouse no Plan de Mobilidade (PMUS) que elaborou o goberno anterior, como si este impuxese algunha obriga de prazos, tamén en que tomou amparo en técnicos da Deputación para decidir as direccións e espazos peonís e por último en cas prácticas da cidadanía en canto a circulación no son axeitadas.

Condideramos que sería máis correcto recoñecer que se actuou con precipitación neste asunto e sobre todo que se rectificara, devolvendo o tráfico a situación previa a estas desafortunadas reformas, polo menos ata que a Rúa Ourense estea totalmente aberta en ámbolos sentidos.

Palacín afirma que o dano destes atrancos e das restricións no tráfico, sumados a crise xerada polas medidas antiCOVID, serán a tumba do comercio local.
 
Na Prensa. 
 
 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do 14 de Outubro de 2020. 

Publicacións populares deste blog

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?