C21 solicita o arranxo do firme do terreo lindeiro ao Colexio Nº 1.

Dende o partido liberal de Tui acabamos de introducir un rexistro de entrada solicitando ao Concelleiro de Obras que se arranxe o firme do terreo lindeiro ao Colexio Nº 1, debido aos numerosos baches que presenta. Isto está a causar un grave prexuízo aos vehículos dos seus usuarios, principalmente aos dos pais de alumnos deste centro.

Por outra banda, o noso voceiro, José Palacín, afirma que seguirá insistindo en tres necesidades para esta zona: a realización do proxecto de expansión do patio do Colexio nº 1 que o Goberno Anterior de C21 e do Sr. Castro deixara xa en carteira, a mellora do firme da estrada da Rúa Calzada e unha toma de decisións ao respecto do tráfico para optimizar a circulación neste viario. 


Prensa. 

 
 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h do día 19 de Outibro 2020. ...
 
 

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.