C21 solicita rigorosidade a hora de abordar as limpezas dos bens patrimoniais.

C21 ven de condenar os actos vandálicos levados a cabo no conxunto histórico mediante a realización de pintadas, co que aproveitan tamén para solicitar ao Goberno Municipal que actúe sobre os bens patrimoniais danados cos procedementos máis axeitados para evitar aínda máis o seu deterioro.

No pasado pleno de setembro, o Concelleiro de Patrimonio, á pregunta do liberal, José Palacín, sobre o mal resultado da limpeza da Fonte de Riomuíños tras ser obxecto de pintadas tamén denunciadas por C21, respostou que “intentaría corrixilo”, resposta que, (segundo os liberais), demostra que: “O Sr. Titular de Patrimonio non coñecía o resultado do traballo por falta de supervisión e nos preguntamos si se solicitou o pertinente permiso a Patrimonio na Xunta, dado que se trata dun ben catalogado e a limpeza non pode ser realizada cun método agresivo, sen planificación nin avaliación por parte dun experto”.

Os Liberais de Tui recordan que procedementos agresivos como un chorreado a presión poden ser causa de grave deterioro ou mesmo da destrución do ben cultural.
 
Foto: Eduardo Freiría. 
 
Prensa.
 
 
 
Radio Municipal de Tui.  

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.