C21 volve a avisar ao Goberno de que debe realizar cambios urxentes no tráfico rodado porque as restricións esnaquizan ao comercio.

Os liberais volveremos a plantexar no pleno do Xoves a problemática xerada cos cambios de dirección e sobre todo cas restrición do tráfico que están a constituír un dos principais motivos de ruína para o comercio local, sobre todo no entorno da Corredoira.

“Este Goberno ten unha idea tan preconcibida de cidade, que nin a constatación de que non funciona, faino rectificar”, - afirma José Palacín -, quen pide ao Sr. Alcalde, por enésima vez, unha sincera e profunda reflexión do que está a supoñer o corte radical de tránsito e aparcamento para os negocios situados neste punto emblemático da cidade.

C21 considera que Crise Covid + Restrición de Tráfico están a ser un cóctel mortal para o comercio da Corredoria que foi esnaquizado, e solicita que se retorne a circulación en sentido sur e que se habiliten da orden de 15 prazas de aparcamento para que os usuarios poidan realizar compras na farmacia, no supermercado, nas galerías e demais comercios da zona, aínda que sexa con tempo limitado.

Os liberais consideran que é un clamor entre os comerciantes, e os tudenses en xeral, que esta idea de “Corredoira Peonil”, non funcionou, ou polo menos non era o momento, e consideran que a rectificación pode ser un acto sabio e nobre por parte do Partido Socialista.

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.