Intervención Plenaria de José Palacín en relación cos Orzamentos 2021. (Video)

Os centristas liberais de Tui votamos en contra dos Orzamentos presentados polo Goberno Local. O noso concelleiro, José Palacín, explica o porqué. 

Dende C21 consideramos que no capítulo de ingresos se acada unha expansión, entre outras cuestións, grazás a rebaixa impositiva artellada na etapa do Goberno de Carlos Vázquez Padín, quen baixou o IBI e liquidou o inxusto gravame da plusvalía.  Ainda así, en certo modo, sin ser excépticos, as previsións de entradas poderían cair como un castelo de naipes. 

No capítulo de gastos, resulta paradóxico o escaso compromiso cas organizacións de caracter social nun momento onde se agarda un aluvión de afectados por esta crise do COVID, e as baixadas das partidas de cultura e deporte. Doutro modo, non existe investimento, nin consignación para Protección Civil, tampouco se tapa a vía de auga que ten o Concello co gasto en Parques e Xardíns, servizo que tiña que ser licitado antes de presentar este orzamento. 

A unilateralidade do Goberno, que non aceptou suxestións da oposición, completan, no caso do capítulo das formas, o cumulo de razóns polo cuais rexeitamos estes orzamentos, os que tampouco son un desastre nen moito menos. 

En todo caso, quedamos a disposición do Sr. Alcalde e do seu equipo para o que necesiten. 

Vídeo.      


        

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.