Prospera a Moción de C21 para habilitar novas axudas ao comercio e a hostalería de Tui.

Nesta sesión plenaria de xaneiro, o concelleiro deste partido centrista - liberal, presentou unha moción para que a Corporación estude unha nova liña de axudas ao comercio e a hostalería. 

José Palacín xustifica dita actuación por parte da administración local no feito de que: “Tui esta a sufrir un peche perimetral persistente dende inicios de novembro, con restricións horarias e peches moi severos, e que o sector de servizos: comercio, hostalería ou ambulantes principalmente, xa non poden resistir máis”.

C21 avogou porque os fondos saian do Remanente Líquido de Tesourería e que as axudas se tramiten ca maior dilixencia administrativa posible.  O acordo de mínimos  plantexado por Palacín saíu adiante por unanimidade do Pleno, e a semana que ven iniciaranse as deliberacións por parte dos voceiros dos diferentes grupos e da man do Alcalde Enrique Cabaleiro.

Palacín xa solicitara persoalmente a Delegada Territorial e ao Secretario de Comercio da Xunta, unha axuda especial para a cidade debido a incidencia que están a ter na súa economía as medidas sanitarias. 

 

Prensa: 

Telemariñas

Infomiño

Porriño Digital  

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.