Converxencia 21 lamenta a exclusión dos comerciantes ambulantes das axudas para paliar os efectos económicos do COVID.

O noso voceiro, José Palacín, ven de lamentarse de que as axudas expendidas polo Concello de Tui, con cargo a remanente e que foron aprobadas neste Pleno de marzo, non se estenderan, ademais de ao comercio e a hostalería, ao colectivo de comerciantes ambulantes, debido a que é un dos sectores máis afectados por esta situación pandémica.

Esta liña de axudas ao comercio e a hostalería parte dunha moción presentada por C21 no Pleno Ordinario de xaneiro para que tódolos grupos se puxeran a estudar este rescate. En dita moción se incluía tamén ao comercio ambulante porque os liberais entendemos que sofren un dobre handicap: primeiro, a situación de restricións e crise, e segundo, a conxuntura negativa do traslado do Mercadillo do Xoves a periferia da cidade.

Palacín explica que: “non se lle pode esixir ao comercio ambulante tanto sacrificio en aras da saúde pública do Concello e que logo non participe das axudas desta administración”, por iso considera indispensable que cara ao seguinte Pleno o Goberno Local corrixa esta deficiencia e habilite cantidades, coas súas bases específicas, destinadas a estes traballadores
 
Prensa. 
 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 29/03/2020. 

 

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.