C21 solicita a colocación de buzóns de metacrilato nas paradas de autobús para albergar os horarios.


O noso concelleiro, José Palacín, solicitou esta semana por rexistro de entrada que o Goberno Local habilite uns buzóns de metacrilato nas parada, que sexan transparentes e que sirvan para albergar os papeis que indican os horarios dos autobuses.

Palacín ten comprobado como as cuartillas onde figura o tránsito do transporte público son arrincadas ou se deterioran, por iso moitas persoas non poden consultalas.

Evidentemente, ditas caixas deben ser accesibles para os encargados de dispoñer os horarios. 
 
Prensa.
 
Radio Municipal de Tui / Noticias 13,30 / 20/04/2021  
 
 

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.