C21 solicita a eliminación inmediata do badén que se atopa na baixada da Rúa Loureiro, cerca da Ponte Romana.

 

Dentro do Plan #Tuiseguro, o noso concelleiro acaba de solicitar por rexistro a supresión urxente do badén que se acaba de colocar na baixada da Rúa Loureiro cara a Ponte Romana.

José Palacín afirma ter recibido moitísimas advertencias veciñais e ven de realizar a propia comprobación sobre o perigo de dito elemento. Este montículo resulta un risco para a circulación, sobre todo de bicicletas e motocicletas, pola situación no que se atopa, posto que está moi cerca dun cambio de rasante, resulta absolutamente inesperado e posúe un alto grado de pendente.

Os liberais de Tui consideramos axeitado o arranxo da Rúa Loureiro e incluso o feito de limitar a velocidade nese tramo con badéns, pero xusto, ese da baixada, constitúe un risco inaceptable e polo tanto, solicitamos a súa inmediata retirada. 
 
Prensa
 
Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 h do día 21 de abril de 2021.  
 
 
 

 
 

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.