C21 solicitamos que se perimetre con setos un barranco no parque fronte ao CEIP de Rebordáns


Dende C21 continuamos ca nosa campaña #Tuiseguro, agora focalizado nas parroquias.

José Palacín ven de solicitar por rexistro de entrada que se perimetre con setos unha zona que da a un precipicio no parque que se atopa diante do CEIP de Rebordáns.

C21 consideramos que todo o dispendio da Concellería de Parques e Xardíns non está redundando o suficiente na seguridade destes espazos públicos infantís e pon como exemplo a falla de compromiso co vallado do precipicio de Álvarez Blázquez que tras un ano non recibiu resposta e que supón un gravísimo perigo para os nenos.

Publicacións populares deste blog

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?