Converxencia 21 solicita unha corrección de números no Barrio de Eira Vella en Ribadelouro.


O noso concelleiro ven de constatar por rexistro de entrada a existencia dun problema relacionado ca numeración no barrio de Eira Vella, en Ribadelouro.

Esta cuestión causa problemas aos veciños debido a que os servizos de correos, reparto de paquetería e de comida a domicilio atópanse con varias casas marcadas co mesmo número.

Dende C21 aproveitamos para solicitarlle ao goberno actual que siga traballando no inventario de camiños e a mellora da localización e numeración das vivendas que iniciara o goberno de Carlos Vázquez Padín no ano 2018.
 
 
Prensa.
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 08/04/2021 
 

Publicacións populares deste blog

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.

¿Por que votei a favor dos Orzamentos 2026?