Conmemoración do III Aniversario da Explosión en Paramos.


Hoxe conmemoramos o III Aniversario do desastre acaecido en Paramos e Guillarei cando un almacén clandestino de material pirotécnico, agochado no Barrio da Torre, estoupou, segando a vida de dúas persoas e arruinando a existencia de moitos veciños que perderon as súas vivendas pola devastación.

Neste emotivo acto depositouse unha ofrenda floral en memoria de Abdelkhalek y de Zhour, as vítimas mortais desta desgraza, e o Presidente da Asociación de Afectados pola Explosión, D. Salvador García, emitiu un emotivo discurso. 

Na súa disertación tivo unhas fermosas palabras de agradecemento para o Exalcalde de C21, D. Carlos Vázquez Padín, por introducir a Asociación de Afectados no gabinete de crise, cuestión inédita na historia de España neste tipo de catástrofes, por habilitar unha oficina especial de urbanismo para atender aos damnificados e polo seu compromiso humano e de xestión na crise.

Do mesmo modo, dende o partido liberal de Tui recoñecemos a gran labor da xunta directiva da asociación e a heroicidade da veciñanza destas parroquías de Paramos e Guillarei, que tres anos despois, continúan loitando para recuperar as súas vidas, especialmente o Barrio da Torre.

Ánimo, xa falta menos, e dende C21 mantemos o mesmo compromiso de axudar que asumimos o día da catástrofe.  

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.