C21 lamenta o absoluto abandono da Praia Fluvial no entorno da Mariña e solicita a inmediata xestión para levar a cabo a súa recuperación.


O noso voceiro, José Palacín, acaba de introducir por rexistro de entrada unha petición para que o Goberno Local xestione a recuperación da Praia Fluvial no entorno da Mariña, debido a situación lamentable de abandono que presenta, con malas herbas invadindo este privilexiado espazo e ca conseguinte perda do areal.

“A loita contra a degradación medioambiental e contra o feismo no entorno do Río Miño debe ser un compromiso de primeiro orde si se pretende reactivar o turismo de natureza trala pandemia, e ao mesmo tempo, ter esta praia limpa é útil será obxecto de orgullo e de desfrute para os tudenses”, explica Palacín.

Do mesmo modo, dende Converxencia 21 lembramos que xa fai máis de un ano que se aprobou unha moción plenaria para elevar a Medio Ambiente unha petición de estudo co obxectivo de radicar as algas invasoras do fondo do Miño e que a día de hoxe non se sabe absolutamente nada desta iniciativa.     

Prensa. 


Porriño Digital
 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 08/06/2020

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.