C21 solicita que se atenda a un cruce perigoso, por non ter visibilidade, entre a saída dos pavillóns e a Rúa Canónigo Valiño.

 

O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada dentro da campaña #Tuiseguro que se analice e corrixa a situación de perigosidade do cruce que empata os pavillóns e a Rúa Canónigo Valiño, debido a escasa visibilidade que existe, e polo tanto, con claro risco de accidente.

Converxencia 21 plantexa dúas posibles solucións, o ben a eliminación directa do aparcamento para ampliar o ángulo de visión ou a colocación dun espello que permita contemplar o tráfico da rúa a que se accede.

Palacín aproveita para reclamar que se reverta a degradación das infraestruturas e da estética desta vía por estar preto do Colexio Nº 1, por ser antesala da zona deportiva e por pertencer ao Camiño de Santiago. 
 
Prensa 
 
 
 
Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 do día 04/06/2021

Publicacións populares deste blog

Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.