C21 lamenta o ridículo feito pola Concellería de Turismo na LXIII edición da Semana Verde de Galicia


Video  (You Tube)

C21 lamenta a imaxe transmitida por parte do Concello de Tui na LXIII edición da Semana Verde de Galicia. Segundo os liberais: “É inconcibible que sendo o noso, un concello de extraordinario potencial turístico, que ten como base o seu rico legado histórico e que en consecuencia, debería estar na elite do turismo cultural, se presentase con un stand tan baleiro e paupérrimo.

Os centristas afirman que: “Despois deste penoso suceso, só podemos constatar o nulo interese, a falta de rigor institucional, a falta de esforzo e a ausencia de traballo por transmitir aos visitantes da Semana Verde una imaxe acorde a un concello que debería mostrar o grao máximo de excelencia en materia turística”.

José Palacín afirma que: “Con un mínimo de esforzo persoal e económico, pero sobre todo con moita coordinación entre concellerías, poderíase presentar un stand acorde a un concello que debe exhibir esa excelencia en materia turística e ponse a disposición do Goberno para que isto non volva a acontecer”.
 
 
Prensa
 
Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 do día 07/09/2021.
 
 

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.