C21 solicita a correcta sinalización do Camiño de Santiago ante o masivo desvío de peregrinos.


Os camiñantes proseguen pola Avda de Portugal en vez de tomar a ruta auténtica.

O noso concelleiro, José Palacín, acaba de introducir por rexistro de entrada a petición de que se sinalice de forma correcta o Camiño Xacobeo na Avda de Portugal.

Esta ocorrendo que moitísimos peregrinos están a seguir unha ruta errada por culpa dunha sinalización deficiente, e por enriba porque a escasa que existe, atópase tapada por unha árbore.

O punto en concreto onde se producen estes desvíos non desexados, e que desvirtúan a ruta Xacobea do Camiño Portugués, atópase na Avda de Portugal, concretamente no cruce desta vía con Rúa Tenencia e ca Estrada PO–552 que conduce a A Guarda.

Debido a que non existe unha sinalización clara e adecuada nese punto, os peregrinos que veñen de Portugal continúan recto, pola Rúa Martínez Padín, en vez de coller a ruta correcta por Rúa Tenencia e polo tanto, cara a zona fluvial.

Isto, ademais de estragar o camiño aos peregrinos, pode supor que estes pasen de largo, sen decatarse da monumentalidade de Tui ao circular pola zona nova da cidade.

Polo tanto, o noso partido solicita a xestión inmediata das sinais preceptivas para que non se dea lugar a equívoco, recordando tamén ao Goberno Local as promesas incumpridas polo Executivo Socialista no Goberno Central ao respecto da remodelación desta zona, que cada vez sofre unha maior degradación, e que resulta indigna tanto da Ruta Xacobea como dun paso fronteirizo de dous países comunitarios. 
 
 
Prensa
 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 21/09/2021 
 

Publicacións populares deste blog

Sobre la nota propagandística del PSOE acerca del cobro del desescombro de Paramos, tras un juicio de seis años reclamando el dinero.

Sobre a tala das árbores da Praza Inmaculada.

Roma emerxe en Tui e non pode volver a afundirse.